Author: hacce

Cales son os dereitos e obrigas dos/as bolseiros/as?

Debes estar matriculado/a na UVigo, sexa como alumna/o de Grao, Licenciatura ou Máster con máis do 50% dos créditos superados e sen que se interrompa o horario lectivo.
Terás a obriga de poñerte en contacto co teu titor académico, sendo esta a persoa encargada de valorar, supervisar o plan formativo e facer o seguimento das túas prácticas.

Que fago se non atopo na web prácticas académicas externas extracurriculares que se axusten aos meus intereses?

Un estudante pode contactar pola súa conta cunha empresa ou institución que non teña convenio coa Universidade de Vigo e acordar con ela a realización dunhas prácticas académicas externas extracurriculares. Neste caso, o estudante deberá comunicar a situación á Fundación Universidade de Vigo e proporcionar os datos da entidade. A FUVI poñerase entón en contacto con ela para asinar un convenio que permita a incorporación do estudante.