Actividades

2015

As actividades principais previstas para o exercicio 2015 son as seguintes: o ensino e acreditación de nivel de idiomas a través do Centro de Linguas; a xestión de prácticas académicas externas extracurriculares e do programa de bolsas Santander-CRUE-CEPYME;  e a xestión da comunicación, difusión de actividades e promoción internacional.

Aquí podedes consultar o Plan de Actuación da FUVI para 2015 (pdf).

2014

En 2014 1160 alumnos/as realizaron prácticas académicas extracurriculares, e deles, 118 beneficiáronse do programa de Bolsas Santander-CRUE-CEPYME.

Realizáronse talleres de emprego e emprendemento dirixidos a alumnado e outros interesados, prestando especial apoio a proxectos en desenvolvemento e emprendedores potenciais. Ademais, no programa de IEBTs da Xunta de Galicia foron 7 as empresas que acadaron a súa cualificación.

No Centro de Linguas impartíronse clases de 10 idiomas para un total de 3.291 alumnos e alumnas. Realizáronse 193 cursos de linguas e 22 convocatorias de exames de acreditación. 

Así mesmo, a través do DUVI, realizouse a difusión e comunicación das principais actividades desenvolvidas polo conxunto da comunidade universitaria.

Aquí poden descargar a Memoria de actividades da FUVI no ano 2014 (pdf).