Convocatoria de 1 bolsa de colaboración para a formación complementaria do estudantado da Universidade de Vigo na Fundación Universidade de Vigo para o apoio en labores de comunicación na área de imaxe (02-09-2024)
Perfil da bolsa: Estudante de Publicidade e Relacións Públicas ou Belas Artes, incluído aquel que estea realizando o proxecto de fin de grao; alumnado de mestrado sempre que teñan relación cos contidos da bolsa. (No caso do grao deberán ter superados o 50% dos créditos)
Contido do plan formativo: Apoio nas tarefas da Área de Imaxe: xestión da identidade corporativa gráfica, deseño de material para a promoción de eventos (carteis, folletos, pantallas, presentacións, banners, adaptacións para RRSS…) e maquetación de documentos, entre outros.
Duración da bolsa: A bolsa terá unha duración de 6 meses, prorrogable por un máximo de 4 meses. O número de horas de colaboración será de 25 horas semanais.
Horario: 5 horas diarias, en horario de mañá.
Dotación: 650 € brutos ao mes.
O prazo de presentación: rematará ás 14h do 17 de setembro de 2024.
Correo electrónico: fundacion@fundacionuvigo.es
Consulte a documentación no seguinte ligazón