
Campaña de reforestación e recuperación de danos polos incendios
A Fundación Universidade de Vigo xunto coa Universidade de Vigo organizan unha campaña de reforestación e recuperación tras os incendios nos montes de Carballeda de Avia, en Ourense. Apoia a recuperación destes montes onde realizaremos esforzos de reforestación con árbores e arbustos autóctonos, así como traballos de conservación do solo e prevención de futuros lumes.
Podes apoiar esta campaña cunha doazón e, se es membro da comunidade universitaria, inscribíndote como voluntario/a. Podes atopar información sobre a campaña de voluntariado na sección de preguntas.
Recadado
1.025 €
Obxectivo
20.000 €
Doazóns
27
Faltan
18.975 €
Tes algunha dúbida?
Que beneficios achega o micromecenado á sociedade?
Permite impulsar especialmente aqueles proxectos con alto contido social, enfocados ao cumprimento dos ODS e comprometidos coa nosa sociedade e co noso tempo.
Información a efectos de deducións fiscais
Consulta toda a información relativa ás deducións fiscais aquí
Como podo recibir un certificado de doazón para a declaración da renda?
Deberás cubrir o formulario correspondente e, unha vez recibidos os datos, desde a Fundación enviarémosche o certificado de doazón.
Política de protección de datos
Consulta toda a información relativa á Protección de datos aquí
Agradecementos
Esta campaña é unha acción promovida conxuntamente entre a Fundación Universidade de Vigo e a Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade. Ambos agradecen a colaboración fundamental da Asociación Ecolóxica Ridimoas e do profesor Juan Picos da Escola de Enxeñaría Forestal, así como a implicación da Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo.
Campaña de voluntariado
Ao mesmo tempo que esta campaña de micromecenado, as Vicerreitorías de Planificación e Sostibilidade e a de Extensión Universitaria, promoven unha campaña de voluntariado para levar a cabo as accións de reforestación e recuperación dos montes de Carballeda de Avia.
A campaña de voluntariado estará aberta a participación de toda a comunidade universitaria e as actuacións levaranse a cabo un venres desta primavera no que as persoas voluntarias desprazaranse aos montes de Carballeda de Avia (data concreta aínda por determinar). Alí participarán en traballos de reforestación con árbores e arbustos autóctonos, así como en tarefas de conservación do solo e prevención de incendios. Para facilitar isto, a organización poñerá autobuses desde os tres campus (Vigo, Ourense e Pontevedra) ata o lugar da actuación. A organización subministrará as ferramentas, as árbores e os arbustos empregados para a reforestación, así como instrucións de especialistas sobre como levar a cabo traballos de conservación do solo e prevención de incendios.
Os medios materiais da campaña de voluntariado para a reforestación e recuperación dos montes de Carballeda de Avia se financiarán empregando os fondos recadados coas doazóns desta campaña.
Para participar na campaña de voluntariado, inscríbete entrando no seguinte enlace da Secretaría Virtual da Universidade de Vigo:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/171