RESPONSABLE DO TRATAMENTO
- Titular: FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO
- Domicilio social: Campus Universitario – Área Comercial, Local A12, 36310 Vigo, Pontevedra
- CIF:826.030
- Teléfono: 986 814 098
- E-mail: fundacion@fundacionuvigo.es
CATEGORIA DE DATOS E FINALIDADE DO TRATAMENTO
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO trata as seguintes categorías de datos:
- Datos identificativos: nome, apelidos, NIF/NIE, domicilio, código postal, poboación, provincia, país, teléfono, móbil, dirección correo electrónico, sexo, data de nacemento.
- Datos académicos.
- Datos económicos, ou financeiros, bancarios.
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO trata as categorías de datos anteriormente mencionadas coas seguintes finalidades:
- Contestar ás cuestións recibidas a través do formulario de Contacto.
- Xestionar a contratación de servizos que realice a través da páxina web, así coma a facturación e prestación correspondente.
- Remitir periodicamente comunicacións electrónicas sobre servizos, eventos e noticias relacionadas coa nosa actividade profesional, salvo que se indique o contrario ou o usuario opóñase ou revogue o seu consentimento.
- Dar cumprimento ás obrigas legalmente establecidas.
Os datos persoais solicitados son obrigatorios, de tal forma que a negativa a fornecelos supoñerá a imposibilidade de levar a cabo a prestación dos servizos contratados.
O usuario garante que os datos aportados son verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obrigación. No caso de que o usuario facilite datos de terceiros, manifesta contar co consentimento dos mesmos e comprométese a trasladarlle a información contida nesta cláusula, eximindo á FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO de calquera responsabilidade neste sentido.
DURACIÓN
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO conservará os datos persoais dos usuarios unicamente durante o tempo necesario para a realización das finalidades para as que foron recolleitos, mentres non revogue os consentimentos outorgados. Posteriormente, en caso de ser necesario, manterá a información bloqueada os prazos legalmente establecidos.
MEDIDAS DE SEGURIDADE
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO S.L. e os seus cesionarios tomaron todas as medidas legalmente requiridas para a protección de datos persoais; así mesmo, adoptaron todos os dispositivos técnicos ao seu alcance para evitar a perda, o mal uso, a alteración, o acceso ou o roubo dos datos persoais facilitados polos usuarios da Web.
DESTINATARIOS DOS SEUS DATOS
Informámoslle que determinados datos, no marco da normativa vixente ou da relación contractual que manteña con FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO, poden ser comunicados a:
- Os Bancos e entidades financeiras para o cobro dos servizos ofrecidos.
- Outros profesionais do ámbito das universidades para a execución dos servizos contratados.
LEXITIMACION PARA O TRATAMENTO DOS SEUS DATOS
A lexitimación por parte da FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO para levar a cabo o tratamento dos datos dos usuarios é a propia execución do contrato.
Así mesmo, a lexitimación do tratamento dos seus datos tamén é o consentimento do usuario, solicitado na hora da contratación do servizo.
DEREITOS DOS USUARIOS
Pode enviarnos un escrito a FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO a Campus Universitario – Área Comercial, Local A12, 36310 Vigo, Pontevedra, ou a través da dirección de correo electrónico fundacion@fundacionuvigo.es , solicitando, en calquera momento e de xeito gratuíto, achegando unha fotocopia dun documento identificativo válido, os seguintes dereitos:
- Revogar os consentimentos outorgados.
- Obter confirmación acerca de se na FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO se están a tratar os datos persoais que lle concirnen ou non.
- Acceder aos seus datos persoais.
- Rectificar os datos inexactos ou incompletos.
- Solicitar a supresión dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
- Obter de FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO a limitación do tratamento dos datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.
- En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular ao tratamento dos seus datos, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos, ou no exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
- Solicitar a portabilidade dos seus datos.
- Dirixirse ante a Axencia Española de Protección de Datos, cando o interesado considere que FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO vulnerou os dereitos que lle son recoñecidos pola normativa aplicable en protección de datos.
POLITICA DE COOKIES
Esta páxina web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes.
Unicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a súa frecuencia de utilización.
A estes efectos, utilízanse os datos estatísticos elaborados polo Provedor de Servizos de Internet de FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO. Con esta información analízase a frecuencia de uso da FUNDACION UNIVERSIDAD DE VIGO a partir dos datos de conexión, e as seccións máis visitadas. FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO non utiliza cookies para recoller información dos usuarios desde a súa páxina web nin rexistra as súas direccións IP.
O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, si así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. No entanto, para o acceso á website de FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO non será preceptiva a instalación de cookies.