INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA
A FUVI asesora na cualificación de proxectos empresarias como IEBT a través do programa de apoio ás IEBTs da Xunta de Galicia (Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade) realizando labores de apoio e asesoramento técnico aos emprendedores/as, tanto no plan económico-financieiro, como na posta en marcha dos proxectos e na tramitación dos expedientes de solicitude de cualificación de Iebt a través da verificación da documentación presentada, a realización dun informe técnico sobre o proxecto para o Comité de IEBTs.
O obxectivo deste programa da Xunta de Galicia é impulsar o desenvolvemento de proxectos empresariais innovadores con orientación científica e tecnolóxica, xeradores de emprego a través de dúas vías:
- Asesorando e acompañando aos/ás promotores/as durante a fase inicial de preparación e lanzamento da actividade.
- Concedendo axudas e subvencións aos proxectos empresariais que previamente son cualificados como IEBTs.
PRIMEIRO PASO: CUALIFICACIÓN DO PROXECTO COMO IEBT
Quen pode solicitar a cualificación como IEBT?
Os promotores de proxectos empresariais e as empresas constituídas cunha antigüedade inferior a un ano dende a data de presentación da solicitude, sempre que non iniciasen actividade.
Para obter a cualificación de IEBT
- Debe tratarse dun proxecto empresarial cuia actividade, produto ou servizo teña carácter innovador e contido científico ou base tecnolóxica.
- Proxectos de creación de Novas Empresas privadas, incluíndo a autónomos e autónomas, con centros de traballo en Galicia que soliciten a cualificación de Iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
- Que se prevea a creación de emprego estable. Para ter dereito á axuda de creación de emprego estable, todos os traballadores polos que se solicita a axuda, deben estar desempregados (inscritos como demandantes de emprego) aínda que sexa traballadores a tempo parcial ou autónomos.
- Un de cada catro traballadores ( 25%) mínimo deben ser titulados universitarios.
- Viabilidade técnica, económica, financeira e comercial do proxectos.
Aquí podes descargar un resumo do procedemento de cualificación de IEBT resumo para a cualificación de IEBTs dun proxecto .
Prazo para a solucitude de Cualificación IEBT: aberto
Procedemento
- Entrevista previa do persoal técnico co promotor do proxecto para realizar a primeira revisión da idea e avaliar se un proxecto é candidato á IEBT.
- Asesoramento para cumprimentar o plan de empresa.
- Comprobación da viabilidade económica, financeira e técnica, mediante a revisión da memoria técnica e económica do proxecto empresarial.
- Emisión dun informe sobre o proxecto que deberá incluírse na solicitude de cualificación como IEBT que se remite á Xunta de Galicia.
- O promotor principal solicita a Cualificación do seu proxecto como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica ante a Dirección xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
Por último, avaliarase o proxecto no Comité de IEBT da Xunta de Galicia (órgano colexiado de carácter consultivo para a avaliación técnica dos proxectos). Resolución positiva ou negativa do proxecto como IEBT
Documentos para descargar
Documentación para realizar a solicitude para cualificación como Iniciativa de Emprego Base Tecnóloxica da Xunta de Galicia:
Plan de empresa-Modelo de presentación
Normativa IEBT -Cualificación IEBT
Normativa Cualificación IEBT – Corrección de erros
Solicitude IEBT:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR340D
SEGUNDO PASO: UNHA VEZ CUALIFICADO O PROXECTO COMO IEBT. AXUDAS
As empresas de nova creación que foron cualificadas como IEBT poden solicitar as axudas que convocanse anualmente.
Prazo solicitudes axudas: Convocatoria anual. 2023: 30/09/2023.
Tipos de axudas e subvencións
- Subvención á creación directa de emprego estable.
- Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
- Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
- Apoio á función xerencial.
Resumo orde de axudas IEBTS 2023