Prácticas e bolsas

A Fundación Universidade de Vigo realiza a xestión das prácticas académicas externas extracurriculares dos estudantes da Universidade de Vigo, tanto coas empresas coma co alumnado que desexan ser partícipes delas.

Cales son as vantaxes para as empresas?

  • Captación de recursos humanos: O período de prácticas serve de proceso óptimo de selección de futuros traballadores e traballadoras, en base a unha proba real e continua.
  • Renovación empresarial: É un xeito de incorporar novas ideas, e coñecementos técnicos, ademais de inquedanza, motivación extra e creatividade.
  • Formación a medida: Os estudantes posúen unha gran capacidade de aprendizaxe e adaptación, que poden ser aproveitada pola empresa para as súas necesidades, o que revertirá na competitividade da compañía.

E as vantaxes para o alumnado?

  • Ter unha primeira toma de contacto co mundo laboral e a posibilidade de aprender a desenvolverse diante de diversas situacións que se lle poidan presentar na súa futura carreira profesional.
  • Desenvolver a súa formación teórico-práctica en contextos reais de traballo.
  • Detectar as fortalezas ou debilidades coas que se poida atopar no mundo laboral e sobre as que pode actuar se o considera necesario.
  • Adquirir paulatinamente a madurez e os coñecementos necesarios para enfrontarse á toma de decisións que lle permitan alcanzar os seus obxectivos profesionais.
  • Ampliar o seu currículo coa experiencia profesional que tanto demandan as empresas nas súas ofertas de emprego.

Como xestionamos as prácticas?

A FUVI realiza a xestión das prácticas académicas externas dos estudantes da Universidade de Vigo a través deste procedemento:

  1. Asesoramento e información a empresas e institucións.
  2. Sinatura dun convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas extracurriculares coas empresas e institucións interesadas.
  3. Convocatoria pública da práctica, previo asesoramento á empresa ou institución empregadora sobre os perfís máis axeitados.
  4. Preselección de candidatos que cumpren os requisitos mínimos establecidos na convocatoria.
  5. Selección do estudante pola empresa ou institución.
  6. Formalización da práctica.
  7. Seguimento e avaliación da práctica.

Cales son os requisitos?

Consúltaos no FAQ sobre prácticas para estudantes