Competencias dixitais

Certificación de competencias dixitais ICDL-Universidade de Vigo

A Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, a través da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo e en colaboración coa Fundación Universidade de Vigo, pon a servizo da comunidade universitaria e persoas externas interesadas a Certificación Internacional de Competencias Dixitais (ICDL), unha acreditación que mediante a cal se recoñece a formación e o coñecemento de determinadas competencias dixitais a nivel de usuario/a.
A Universidade de Vigo está dada de alta como centro examinador homologado no que podes poderás certificar o teu coñecemento nun ou en varios dos módulos dispoñibles. Para iso só tes que matricularche no módulo ou módulos do teu interese e presentarte ao exame no día e na hora indicada en cada convocatoria.

¿Cómo me podo formar en competencias dixitais?

Non é necesario que realices ningún curso específico para examinarcte. Con todo, na Universidade de Vigo podes poderás obter unha formación orientada ao desenvolvemento e á mellora de varias competencias dixitais ao matricularte nun dos cursos que cada ano se ofrecen de balde como parte do programa e-Destrezas. Nestes cursos informarante da(s) súas equivalencia(s) cos módulos de ICDL ofrecidos.
Ademais, ao matricularte nun módulo, terás acceso a unha formación de aprendizaxe propia, que che axudará a reforzar conceptos e poder autoavaliarte antes de facer o exame.

¿A qué módulos me podo presentar?

ICDL é unha certificación modular e flexible. Para responder as túas necesidades, en cada convocatoria poderás seleccionar ata un máximo de 8 módulos ICDL. Consulta aquí o contido dos 25 módulos do temario ICDL dos que te podes examinar na Universidade de Vigo (contidos en español e en inglés -indicado como ENG-):

  1. Análises de datos
  2. Bases de datos (básico)(ENG)
  3. Bases de datos (avanzado) (ENG)
  4. Big Data
  5. Computación na nube
  6. Deseño 2D (ENG)
  7. Deseño 3D (ENG)
  8. Documentos/ procesador de textos (básico)
  9. Documentos/procesador de textos (Avanzado)
  10. Edición de páxinas web (ENG)
  11. Edición de imáxes (ENG)
  12. Fundamentos de informática y aplicacións en líña
  13. Fundamentos de programación
  14. Planificación de proxectos
  15. Ferramentas de colaboración online (ENG)
  16. Follas de cálculo (básico)
  17. Follas de cálculo para administración (ENG)
  18. Intelixencia artificial
  19. Marketing dixital
  20. Presentacións (básico)
  21. Presentacións (Avanzado)
  22. Seguridade informática
  23. TIC para la educación
  24. Traballo en equipo
  25. Traballo en remoto (ENG)

 

¿Canto custa obter unha certificación?

O prezo dun módulo inclúe o acceso á plataforma de formación aprendizaxe eletrónica da ICDL, a autoavaliación, o dereito a exame e a propia certificación ICDL-UVigo.
As tarifas varían en función do teu perfil e vinculación coa UVigo.

 

Perfil Precio
Estudantes da Universidade de Vigo*   20 €
PDI e PTXAS da Universidade de Vigo   20 €
Usuarios/as da comunidade alumni-UVIGO   30 €
Personas externas á UVIGO   40 €

 
 

* Condicións especiais para o estudantado. Se es estudante, e superas a certificación, devolveráseche o importe abonado.

¿Cando me poderei examinar?

A UVIGO establecerá dúas convocatorias oficiais de exames ao longo do curso académico, unha no mes de decembro e outra no mes de xuño.
En cada convocatoria poderás examinarte de ata oito módulos (4 en cada data).

CONVOCATORIA DE XUÑO 2024Vicerreitorado
MATRÍCULA: 10 – 30 de abril
ACCESO E-LEARNING: 15 abril – 6 de xuño
FECHAS DE EXAMENES: 4 de xuño a las 15:30 y 6 de xuño a las 10:00

¿Onde se realizarán os exames?

Os exames realizaranse presencialmente nas instalacións da UVIGO situadas nos tres campus e nun ordenador configurado. A aula e horario concretos nos que se realizarán os exames comunicaránselle ás persoas matriculadas nos días previos á convocatoria.
O exame de cada módulo terá unha duración de ata 45 minutos e haberá un descanso de 15 minutos entre os exames dos distintos módulos.

¿Dúbidas?

Escríbenos a competenciasdixitais@uvigo.gal

 

MATRICULA