Si, podes atopalas nesta páxina da Área de Emprego da web da Uvigo.
FAQ Alumnos
Que consideramos como prácticas?
Considérase unha práctica aquela na que desenvolves funcións relacionadas cos estudos que estás a realizar.
Cantos créditos me corresponden polas prácticas?
Acude á Secretaría da túa Facultade para confirmar a equivalencia a créditos ECTS das horas de prácticas realizadas.
Onde podo ver as prácticas que se publican na Universidade de Vigo?
Cales son os dereitos e obrigas dos/as bolseiros/as?
Debes estar matriculado/a na UVigo, sexa como alumna/o de Grao, Licenciatura ou Máster con máis do 50% dos créditos superados e sen que se interrompa o horario lectivo.
Terás a obriga de poñerte en contacto co teu titor académico, sendo esta a persoa encargada de valorar, supervisar o plan formativo e facer o seguimento das túas prácticas.
Que teño que facer para que me convaliden créditos ECTs cando remato as prácticas?
Debes entregar os informes finais das prácticas orixinais na FUVI e unha copia de ditos informes ao titor académico, que será quen avalíe a práctica puntuándoa do 1 ao 10 e quen remitirá esta avaliación á secretaría da facultade.
Podo comezar as prácticas sen formalizar a documentación necesaria?
Non. Debes ter formalizada a práctica e á súa vez a empresa debe ter asinado o convenio de cooperación educativa coa UVigo. Esta formalización é imprescindible a efectos de seguros e outras obrigas legais.
Podo deixar unha práctica para comezar outra?
Si, sempre que poidas acreditar causa xustificada, e a condición de que non excedas do tempo máximo permitido.
Que teño que facer se quero renunciar á práctica?
Comunicalo na Fundación Universidade de Vigo remitindo unha carta asinada na que se xustifique o por qué da renuncia das mesmas e entregando o informe final de prácticas.
Se quero realizar unhas prácticas nunha empresa concreta, que teño que facer?
Tes que poñerte en contacto coa FUVI para saber se a empresa ten un convenio coa UVigo. Se non é así, facilitarnos un email de contacto para a tramitación do convenio con esa empresa. De ti precisamos o teu CV, expediente e xustificante de matrícula.