Incubadoras, aceleradoras e hubs

INCUVI-EMPRENDE

Programa da Universidade de Vigo para o fomento das habilidades emprendedoras da comunidade universitaria. 

VIA GALICIA: Programa do Consorcio Zona Franca de Vigo para a aceleración de proxectos innovadores, acelerables, invertibles e relevantes.

  • Business Factory Auto: Aceleradora para empresas do sector da automoción.
  • High Tech Auto: Incubadora de alta tecnoloxía, complementaria á Business Factory Auto, para o fomento da innovación e a transferencia de tecnoloxía ao sector automoción e compoñentes.
  • Business Factory Aero: Viveiro tecnolóxico do edificio tecnolóxico aeroespacial.
  • Business Factory Food: Viveiro tecnolóxico do sector da alimentación.

TECNÓPOLE: Parque tecnolóxico de Galicia, sito en Ourense, para proxectos innovadores.

CITI: Centro de investigación, transferencia e innovación para o desenvolvemento do I+D+I das empresas.

CITEXVI: Parque científico e tecnolóxico da Universidade de Vigo para o intercambio tecnolóxico entre a universidade e a empresa e a dinamización do coñecemento.

CÁMARA DE COMERCIO DE VIGO: Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Vigo.

TELEFÓNICA OPEN FUTURE: Incubadora froito da alianza entre Telefónica e institucións públicas e privadas co foco na innovación e o emprendemento en Santiago de Compostela.

ESTRATEXIA GALEGA DE HUBS DE INNOVACIÓN DIXITAL. Espazos de emprendemento para o acceso ás tecnoloxías punteiras e demais ferramentas para a transformación dixital das pemes en Galicia.

  • DIHGIGAL: centrado na Internet das cousas e a Intelixencia Artificial. 
  • Hub Datalife: centrado na Big Data e a Intelixencia Artificial en PEMEs do sector primario, biotecnolóxico e saúde.  

CELTA LAB 1923: Incubadora  para  startups innovadoras da industria do deporte.

LOGISTIC TECH ACELERATOR: Aceleradora do sector da loxística, creada pola empresa Kaleido Logistics(Vigo), para proxectos innovadores con vocación global.

BRIDGE FOR BILLIONS: Aceleradora de proxectos innovadores onde se crean, deseñan  e xestionan programas de innovación por todo o mundo.