II Encontro de profesionais da comunicación en RRSS das universidades españolas

50,00 

As redes sociais convertéronse en eixes principais da comunicación institucional das universidades e en canles imprescindibles para manter unha comunicación aberta e fluida coa comunidade universitaria.

A necesidade de afondar nos mecanismos propios da comunicación en redes sociais no ámbito universitario e na capacidade de innovación e de mellora que nos poden achegar estas canles propiciou a organización do primeiro encontro de profesionais desta vertente da comunicación na Universidad de Murcia en 2023.

Co fin de darlle continuidade a este foro de traballo integrado por persoas que xestionan medios sociais universitarios, a Universidade de Vigo acolle a segunda edición deste encontro os días 23 e 24 de maio de 2024, no que se tratarán as seguintes temáticas: novas narrativas e tendencias, aplicacións e ferramentas, intelixencia artificial e boas prácticas.

Máis información.