O Programa Conecta Talento pretende captar, formar e inserir ás persoas tituladas da Universidade de Vigo a través da formalización de prácticas nun contexto produtivo real, conseguindo un nexo entre o talento delas e o tecido empresarial. Por tanto, é un instrumento adecuado para favorecer a futura incorporación das persoas tituladas ao mercado laboral e para complementar a súa formación teórica previa cunha estancia práctica, de carácter non laboral, nunha empresa.
¿Quen pode optar a este programa?
As persoas tituladas que obtiveran o seu título na Universidade de Vigo nos últimos tres anos, ou cinco no caso de persoas con discapacidade, que non traballasen por conta allea ou propia realizando tarefas relacionadas coa súa titulación baixo ningunha modalidade de contrato laboral.
Se eres titulado/a, click aquí.
Se eres empresa e estás interesada neste programa de prácticas, click aquí.
¿Onde se poden realizar as prácticas?
Empresas, institucións ou entidades públicas ou privadas de ámbito nacional, formalizando un convenio de colaboración coa Fundación Universidade de Vigo.
Procedemento
1. Publicación convocatoria de prácticas
2. Asignación da práctica
3. Formalización do convenio de colaboración e da práctica
4. Tramitación ante a Seguridade Social
5. Fin da práctica: avaliación
Bases e documentación
Convenio de colaboración (será cuberto e enviado pola Fuvi)
Documento formalización da práctica PCT (será cuberto e enviado pola Fuvi)
Informe do titulado/a en prácticas
Informe do titor/a da empresa/entidade
Solicitude de modificación das condicións da práctica
Solicitude de rescisión da práctica
Certificado de titorización da empresa
Folleto informativo para titulados/as
Folleto informativo para empresas
Máis información:
Fundación Universidade de Vigo
Campus de Vigo e Pontevedra
Área Comercial, local A12. 36310 Vigo
Tel.: 986 814 086
Campus de Ourense
Edificio Administrativo. 32004 Ourense
Tel.: 988 368 898
fundacionuvigo.es