Un estudante pode contactar pola súa conta cunha empresa ou institución que non teña convenio coa Universidade de Vigo e acordar con ela a realización dunhas prácticas académicas externas extracurriculares. Neste caso, o estudante deberá comunicar a situación á Fundación Universidade de Vigo e proporcionar os datos da entidade. A FUVI poñerase entón en contacto con ela para asinar un convenio que permita a incorporación do estudante.
FAQ Alumnos
Xa rematei a práctica e non me subiron as prácticas ao expediente. A onde me teño que dirixir para arranxalo?
Tes que dirixirte ao titor académico ou á secretaría da túa facultade.
Podo enviar por email a documentación solicitada nunha convocatoria de prácticas?
Non, precisamos que a documentación se envíe por correo postal ou se entregue en man indicando sempre a referencia da práctica.
Podo realizar prácticas extracurriculares se remato a carreira no medio do curso?
Si, a túa matrícula segue vixente todo o curso académico, ata o 31 de agosto.
Podo realizar dúas prácticas á vez?
Si, sempre e cando non teñas horario lectivo e non pases de 8 horas diarias.
Podo facer prácticas unha vez que presente o Proxecto Final de Grao?
Si, o PFG considérase como unha materia e segues sendo alumno/a ata o 31 de agosto.
Podo facer prácticas unha vez que presente o Proxecto Final de Carreira?
Neste caso para os estudantes do plan antigo o PFC non se considera unha materia e a súa matrícula remata logo da súa presentación.
A que nos referimos con horario lectivo?
É o teu horario de asistencia a clase, en caso de telo.
No caso de non ter horario lectivo, teño que facelo constar?
Si, neste caso mencionalo na carta de presentación ou no curriculum.